jueves, 10 de diciembre de 2015

Diario dunha sesión






Onte reunímonos de novo os lectores do Librako acompañados dos versos de Raúl Vacas. Lemos, xogamos, compartimos, falamos e gozamos dos seus poemas. Escollemos os versos que máis nos gustaron e colgámolos no muro de Padlet do blog. Ademais tiñamos unha misión importante que facer.

Algúns preparamos un vídeo no que recitaremos un dos poemas.


Outros buscamos información sobre o autor para facer unha presentación.


E o terceiro grupo reelaboramos un dos poemas...
E rematamos a sesión escoitando poesía,
escoitando e disfrutando da poesía de Marcos.










Os lectores do Librako tamén festexamos o noso Nadal...



Grazas a Marcos por compartir de novo con nós os teus versos.
Grazas a Elena por volver ao Librako.
Grazas a Sonia polo agasallo: a túa presencia, as túas palabras e o teu cariño a todos os lectores.
Grazas a todos por facer que fora unha sesión especial!

0 comentarios: