viernes, 22 de febrero de 2019

Hoyos e o noso campamento!

O mércores pasado celebramos unha sesión do noso club de lectura...
Falamos das lecturas das últimas lecturas e realizamos unha serie de de probas para atopar...
O tesouro de Kate "bicos" Marlow!
Por suposto todos os grupos conseguiron superar as probas e obtiveron a súa recompensa...

Unha caixa chea de moedas de ouro!
Foi unha sesión moi divertida na que rimos moito co resultado das diferentes probas!
Nesta sesión tamén entregamos as próximas lecturas...
Esperemos que vos gusten as lecturas tanto ou máis ca nós!

jueves, 21 de febrero de 2019

A cea

O martes pasado volvemos a reunirnos no club de lectura de adultos na nosa biblioteca.
Proxectamos a película La cena baseado no libro co mesmo título de Herman Koch e ao rematar tivemos un pequeno coloquio que sacamos de nós moitos dilemas e removeu entrañas!
De non facelo quedarían sen castigo, é iso bo para un rapaz que se está formando ver a permisividade dos seus pais?
Que faríamos como pais se os nosos fillos fixeran algo así?
Seríamos capaces de denuncialos?
Unha mala acción leva consigo outras malas accións para tapala, ou sexa, un asasinato leva a outros?
Nesta historia, baseada en feitos que pasaron en Barcelona e que foi trasladada a Holanda na novela e a EEUU na película, uns feitos van levando a outros.
Unha historia dura pero moi ben escrita e con tintes de humor amenizados cunha boa cea!
O próximo libro proposto é Kafka e a boneca viaxeira de Jordi Sierra i Fabra, un libro moi entrañable e emotivo.
A nosa seguinte sesión vai ser en Abril na radio.
Gracias por compartir lecturas!








miércoles, 30 de enero de 2019

Día da Paz no librako!

Hoxe no librako tivemos moito traballo!
Buscar solucións para salvar o noso planeta!
E aproveitando que é o día da Paz escribir nas paredes do noso centro poemas de autores galegos...
Manuel María
             Fran Alonso
                      Celso Emilio Ferreiro
                                     Antonio García Teijeiro
                                                             Elvira Riveiro Tobío
                                                                                    Xosé Neira Vilas
compartiron os seus poemas con nós!
Pasamos unha tarde moi entretida... 
Lendo, escribindo con xiz e deixando a nosa pegada polo centro!

Conseguimos salvar o noso planeta?

Extinguiranse os animais en toda a superficie da terra?
Poderemos seguir gozando da visión ou do cheiro das plantas?
Aproveitamos a oportunidade que nos deu Gaia de salvar o noso planeta?
Quen pasou a primeira proba e son as elixidas ou elixidos?
Gaia fíxonos unha serie de preguntas sobre os libros que limos...
Se estiveran ben todas as respostas teriades 15 puntos!
Os grupos que obtiveron maior puntuación foron...
Ana Mª          Susana          Manuel












Nerea          Carla          Kevin
Esther          Eva          Román












Ana Mª, Susana e Manuel van darnos a solución para salvar o planeta...
A xente que dane o medio terá unha sanción!
A xente que non prexudique o medio recibirá un beneficio ou axuda!
Os beneficios ou as axudas virán das sancións das persoas que danan a flora e a fauna!
Parabéns a todos os equipos que intentaron salvar o noso planeta!

jueves, 24 de enero de 2019

Lost in Translation

O xoves, 17 de xaneiro, celebramos o primeiro encontro de catro clubes de lectura do Baixo Miño...
Para esta xuntanza organizamos un obradoiro baseado nun álbum ilustrado Lost in Translation de Ella Frances Sanders.


Despois de escoitar con moita atención todas as explicacións e recomendacións de Xosé Tomás, os participantes puxéronse á faena!
Moitas grazas a Xosé Tomás por adicarnos esta tarde e, sobre todo, grazas a todos os membros dos clubes pola súa atención e traballo! 

lunes, 21 de enero de 2019

Montañas como islas

O martes, 25 de xaneiro, celebramos a nosa primeira reunión deste novo ano...
Esta vez, a lectura causou moita controversia polo seu autor!
Unha novela de beleza narrativa exquisita, emotiva e entrañable!
Montañas como islas de Forrest Carter é un canto á sintonía coa natureza, á alegría e á vida!
Páxinas cheas de ensinanzas vitais e humanismo!
A pesar de todo isto, o autor que fala nesta novela por boca dun pequeno cheroquí "Pequeño árbol", foi membro do ku klux klan e un escritor de discurso segregacionista. O seu nome real era Asa Earl Carter, pero cambiouno ao escribir a novela.
As nosas compoñentes do grupo fixeron un bo traballo coa busca de información sobre o autor!
A nosa seguinte proposta de lectura é La cena de Herman Koch.
Espero que sexa de BO PROVEITO!


miércoles, 19 de diciembre de 2018

Deforestación e forestación

Coas nosas seguintes lecturas imos traballar o tema da deforestación e reforestación...
Hoyos de Louis Sachar conta a historia dun rapaz que por un erro xudicial acaba nun correccional. Alí, todos os días, deberá cavar un buraco nun paisaxe desértico... Despois de ler este libro proxectaremos a película La Maldición de los Hoyos dirixida por Andrew Davis.
O home que prantaba árbores de Jean Giono fala da xenerosidade humana sen límites. Do respecto á natureza, da aposta pola vida e do amor á terra e a todo o que dela pode agromar.
Esperamos que gocedes con estas lecturas e, sobre todo, que nos axuden a reflexionar sobre como tratamos o medio!

lunes, 3 de diciembre de 2018

Xa non estou aquí

O martes, 27 de novembro, volvemos a ter a nosa reunión!
Xa non estou aquí de Iria Misa deu moito que falar...
A relación e iniciación dos rapaces e rapazas coas drogas
O sexo
Como inflúen nas nosas eleccións e decisións as relacións familiares e os ambientes desestruturados
A influenza das amizades que facemos ao londo da vida nas nosas actuacións cotiás
Os xogos de rol
As ganas das mozas e mozos de chamar a atención e seguir as correntes que se levan nas modas.
A impulsividade e o non saber dicir que non para gustar aos demais
Todo isto foi tratado dende un punto de vista moi analítico e da experiencia que se ten dende a idade xa madura.
O novo libro proposto é Montañas como islas de Forrest Carter. Esperamos que a lectura sexa do agrado de todas!
Vémonos en xaneiro!
Graciñas a todas por compartir o voso tempo coas demais!

miércoles, 21 de noviembre de 2018

Conseguimos salvar o noso planeta?

Algún grupo logrou salvar o planeta?
As elixidas e elixidos intentaron buscar algunha solución para salvar o noso planeta...
Realizaron correctamente todas as probas que lles puxo Gaia?
Xa veremos na seguinte sesión se acadaron o seu obxectivo!