Mostrando entradas con la etiqueta SOS o planeta quéntase!. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SOS o planeta quéntase!. Mostrar todas las entradas

viernes, 21 de junio de 2019

Despedida do librako!

Este mércores o librako pechou as súas portas ata o vindeiro ano!
Unha despedida moi emotiva...
Con pizzas, refrescos e...
Moitos postres feitos polas nosas lectoras!
Con moita pena pola marcha das nosas lectoras de 4º ESO e unha das profesoras!
Esperemos que volvan algunha vez de visita!

viernes, 24 de mayo de 2019

Saída dos clubs de lectura do Baixo Miño

Celebramos a última xuntaza dos clubs de lectura do Baixo Miño cunha saída de dous días...
Rutas literarias...
Visita á biblioteca pública Juan Compañel e MARCO...
Contamos historias!
O venres pola mañá, gozamos coa presencia de Ledicia Costas... Percorremos os lugares que aparecen no libro Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta Vigo atendendo as explicacións da autora!
Ese día pola tarde, na Residencia de Tempo libre de Panxón, a partir de imaxes do libro Los misterios del señor Burdick de Chris Van Allsburg, contamos historias...
O sábado pola mañá, fixeron a ruta da praia dos afogados a partir dunha actividade onde tiñan que realizar unha serie probas...
Grazas a todos os clubs por estes días tan especiais!



viernes, 3 de mayo de 2019

A praia dos afogados

Onte celebramos o II encontro dos Clubes de Lectura do Baixo Miño!
Compartimos un xantar no noso centro!
E marchamos ao auditorio do Rosal e, aproveitando que todos os clubes lemos A praia dos afogados de Domingo Villar, gozamos coa proxección da película baseada nese libro.
Pasamos unha tarde moi agradable! 

jueves, 25 de abril de 2019

Intercambiando agasallos... Palabras e cores!

Aproveitando que estamos na Semana do Libro, este mércores decidimos facerlle un agasallo aos peques do noso centro...
Lectoras e "un lector" do noso club compartiron historias co alumnado de 1º e 2º de EP!
Pasamos un bo rato e gozamos moito de todos os álbumes ilustrados!
Regalamos historias e recibimos flores...
Moitas grazas aos peques!
REPETIREMOS!

lunes, 22 de abril de 2019

Semana do libro

Membros do club de lectura queren compartir con todo o centro a lectura do álbum ilustrado Lúa crecente, tempo de... Sementes de Sonia García acompañado coa música de Álvaro Buxeiro.
Manuel e Carla
Eva e Noela
Yajaira, María e Uxía
Lea, Ángela e India
Esperamos que vos gustaran as diferentes versións...

viernes, 5 de abril de 2019

Lúa crecente, tempo de... SEMENTES

Este mércores gozamos do vídeo dun conto locutado e con banda sonora. Este álbum Lúa crecente, tempo de... SEMENTES de Sonia García proporciona unha fonda e sentida reflexión da sociedade actual, da nosa alienación, do pouco respecto pola natureza...
Non nos deixou indiferente esta historia. De feito decidimos gravalo na nosa radio contado por nós...
Esperamos que pronto vexades o resultado!

jueves, 28 de marzo de 2019

La Maldición de los Hoyos

A novela Hoyos de Louis Sachar converteuse nunha película da Walt Disney...
Despois da súa lectura, o  pasado mércores gozamos coa proxección desta película La Maldición de los Hoyos dirixida por Andrew Davis.
Pasamos unha sesión moi entretida...
E comparamos as similitudes e as diferenzas entre o libro e a película...
Non saberiamos dicir que nos gustou máis... 
Con cal quedarías ti? 
O libro ou a película?

viernes, 22 de febrero de 2019

Hoyos e o noso campamento!

O mércores pasado celebramos unha sesión do noso club de lectura...
Falamos das lecturas das últimas lecturas e realizamos unha serie de de probas para atopar...
O tesouro de Kate "bicos" Marlow!
Por suposto todos os grupos conseguiron superar as probas e obtiveron a súa recompensa...

Unha caixa chea de moedas de ouro!
Foi unha sesión moi divertida na que rimos moito co resultado das diferentes probas!
Nesta sesión tamén entregamos as próximas lecturas...
Esperemos que vos gusten as lecturas tanto ou máis ca nós!

miércoles, 30 de enero de 2019

Conseguimos salvar o noso planeta?

Extinguiranse os animais en toda a superficie da terra?
Poderemos seguir gozando da visión ou do cheiro das plantas?
Aproveitamos a oportunidade que nos deu Gaia de salvar o noso planeta?
Quen pasou a primeira proba e son as elixidas ou elixidos?
Gaia fíxonos unha serie de preguntas sobre os libros que limos...
Se estiveran ben todas as respostas teriades 15 puntos!
Os grupos que obtiveron maior puntuación foron...
Ana Mª          Susana          Manuel












Nerea          Carla          Kevin
Esther          Eva          Román












Ana Mª, Susana e Manuel van darnos a solución para salvar o planeta...
A xente que dane o medio terá unha sanción!
A xente que non prexudique o medio recibirá un beneficio ou axuda!
Os beneficios ou as axudas virán das sancións das persoas que danan a flora e a fauna!
Parabéns a todos os equipos que intentaron salvar o noso planeta!

miércoles, 19 de diciembre de 2018

Deforestación e reforestación

Coas nosas seguintes lecturas imos traballar o tema da deforestación e reforestación...
Hoyos de Louis Sachar conta a historia dun rapaz que por un erro xudicial acaba nun correccional. Alí, todos os días, deberá cavar un buraco nun paisaxe desértico... Despois de ler este libro proxectaremos a película La Maldición de los Hoyos dirixida por Andrew Davis.
O home que plantaba árbores de Jean Giono fala da xenerosidade humana sen límites. Do respecto á natureza, da aposta pola vida e do amor á terra e a todo o que dela pode agromar.
Esperamos que gocedes con estas lecturas e, sobre todo, que nos axuden a reflexionar sobre como tratamos o medio!

miércoles, 21 de noviembre de 2018

Conseguimos salvar o noso planeta?

Algún grupo logrou salvar o planeta?
As elixidas e elixidos intentaron buscar algunha solución para salvar o noso planeta...
Realizaron correctamente todas as probas que lles puxo Gaia?
Xa veremos na seguinte sesión se acadaron o seu obxectivo!

Realmente coidamos o noso planeta?

Na sesión de hoxe imos intentar que Gaia nos axude a salvar o noso planeta!
A nai natureza recrimínanos que non o coidemos...

Seremos capaces de atopar algunha solución?

jueves, 18 de octubre de 2018

Comezamos a nosa aventura!

Onte, abrimos por fin as portas do noso club! Comezamos a nosa aventura!
Este ano hai moita xente nova... 
Presentámonos!
Comprometémonos a salvar o planeta!
Entregamos as lecturas! 
E por suposto, botamos de menos ás rapazas de 4º ESO!
 Esperemos que gocedes da lectura!

miércoles, 26 de septiembre de 2018

Abrimos as portas de novo!

Volvemos! O club de lectura de secundaria volve a abrir as súas portas!
Se queredes colaborar con nós a salvar o planeta só tes que anotarte na corcheira da biblioteca que está no piso de arriba...
Non tardes moito! Contamos contigo!