miércoles, 9 de diciembre de 2015

Amigos invisibles lectores



Hoxe, ás 19:00 horas, na Biblioteca do CPI, tivo lugar a terceira xuntanza do Club de lectura de adultos.

Nesta sesión traballamos sobre a proposta feita na anterior, fixeramos o xogo do amigo-a invisible, cada compoñente do club tiña que traer un libro para a persoa que lle tocara no papeliño.


Foi moi interesante, as propostas foron variadas e dunha calidade impresionante. Deste xeito, cada un do club ten unha lectura para o Nadal e propuso unha lectura a un compañeiro-a.

A sesión foi moi agradable porque o clima de traballo e a predisposición dos membros do club é moi boa. Hoxe tivemos unha incorporación nova, xa somos 19!

Quedamos convocados para o día 27 de xaneiro, á mesma hora. Despedimos a sesión compartindo uns doces navideños e cun desexo dunhas boas lecturas navideñas!

Ata o vindeiro ano!

0 comentarios: