martes, 3 de mayo de 2011

Os primeiros lectores...

Sodes vós..Os compañeiros de 4º están en Barcelona disfrutando da súa excursión de fin de curso. Por iso, os de 3º ides ser os primeiros que descubriredes a nosa nova lectura. A partir de mañá teremos entre as nosas mans unha historia diferente que nos fará pensar, viaxar, soñar... Un libro que nos cambiará un anaquiño da nosa vida e nos levará a recuperar a inocencia e a ilusión da nosa infancia.

Estás preparado?
Mañá vémonos no recreo na biblioteca. 
O carteiro de bonecas está agardando por nós!

0 comentarios: