sábado, 30 de abril de 2011

Aquí está...

Leva tempo agardando por nós pacientemente. Agora chegou o momento de dala a coñecer. Parabéns  Javi! Indagou, buscou e atopou as respostas das preguntas que se plantexaron. Foi el o que nos descubriu o título que se agochaba detrás das pistas.


E, por que este libro?
Porque nestes meses imos traballar o tema da correspondencia na biblioteca. E nós teremos un carteiro especial que nos axudará a alimentar a imaxinación e os soños.
E porque comezamos lendo este ano a Kafka e agora el vai ser o protagonista desta nova novela. Unha entrañable historia que nos deixará un bo sabor de boca, un broche final para o noso club de lectura.

0 comentarios: