jueves, 1 de febrero de 2018

Deixamos os libros polo Concello

Chegou o día!
Este mércores, 31 de xaneiro, despois de ler os libros...
Deixamos as nosas lecturas en diferentes lugares para que outras persoas poidan gozar delas!

Co libro incluímos o seu paso pola terra desde que saíu da editorial ata agora...
Se atopades algún destes libros podedes compartir con nós como continuou a súa vida. Así que os invitamos a facer un comentario nesta entrada. Moitas grazas por axudarme a ser libre e percorrer o mundo!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Boas tardes, eu atopei o libro "Mil cousas poden pasar"e ainda que xa non son nena gustoume moito a sua historia. Espero que siga viaxando e chegando a distintos lugares ata que as suas follas se volvan escuras como él desexa.
Noraboa po la iniciativa e disculpas po lo meu galego na E.G.B. non no lo enseñaban.

Bea dijo...

Boas tardes, miña nai atopou o libro viaxeiro e foi todo unha sorpresa para ela. Leuno e faloume del. Agora, rematei eu de viaxar pola historia que conta, que me pareceu moi real e preciosa. Aínda non decidín onde deixalo (agora está n Rosal e antes n Gándara), pero espero q rule moito. É unha iniciativa perfecta para que as persoas non se olviden de ler. Moitas gracias.

Andrea dijo...

Boas tardes! Atopei o libro "Alas para un corazón" e encantoume, tanto o libro como a iniciativa. Deixei de novo o libro e as poucas horas xa o volveran coller. Espero que todos os libros sexan moi moi lidos e darvos a miña noraboa por esta fermosa iniciativa, foi unha gran alegría para min. Unha aperta!