
Observar o
mundo con curiosidade non era o que se agardaba dunha señorita de boas
maneiras. Mais a Calpurnia interésanlle as teorías científicas de Darwin
máis que conformarse coas limitacións dun destino predeterminado. No
verán de 1899, a protagonista desta historia aprenderá a ser
naturalista.
A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o
mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá
solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse
naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo
seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir.
Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da
señorita Bubble.
A moza Munli escápase ao saber que seu pai quere casala cun
home maior moi violento. É a historia do seu paso á madurez e un
reflexo da actual situación de grande parte da poboación na
India.
0 comentarios:
Publicar un comentario