miércoles, 1 de junio de 2016

Última sesión

Despois de varios meses de lecturas, de encontros, de xantares chegou o momento de rematar a aventura lectora deste ano. Hoxe despedímonos os integrantes deste club de lectura. Non só había que falar dos libros libros tamén había que despedir aos que van. Por iso a emoción estivo presente durante toda a sesión. 
 

Pero faltaba alguén importante para todos nós, faltaba ela, da que todos nos lembramos  en cada sesión. Hoxe máis que nunca Sonia estivo presente no seu agasallo doce e nas palabras de Galeano, nos recordos e nas vivencias que vivimos xuntos. Gracias, Sonia, por deixar a túa pegada entre nós neste e en todos os encontros literarios.
Grazas a todos por vivir esta xuntanza con nós!

1 comentarios:

Sonia dijo...

Vós si que sodes un doce agasallo! Fago o posible e o imposible por estar dalgún xeito aí. Non quería perderme a última sesión...
Bicos para todos