miércoles, 1 de junio de 2016

Derradeira sesión


Hoxe foi a nosa derradeira reunión do club neste curso, fixemos a avaliación do club, varios membros recitaron as súas creacións de haikus e rematamos cunha merenda de despedida. Foi unha sesión moi agradable.
A valoración do club é moi positiva. Para as profesoras responsables foi todo un reto xa que non tiñamos experiencia neste tipo de actividades con adultos.
Foi unha experiencia enriquecedora para todos. O bo clima creado e o entusiasmo favoreceron a participación e a colaboración en todas as actividades propostas.
Queremos destacar o gran esforzo realizado polas persoas que participaron no club para asistir e participar sempre.
Damos por rematada a actividade por este curso!

1 comentarios:

Sonia dijo...

Quero enviar un agarimoso saúdo a todos os membros do Club de lectura de adultos, agradecendo a súa participación e desexando que a experiencia fose positiva e enriquecedora.
Tamén quero expresar o meu inmenso agradecemento a Loli por facerse cargo da actividade e asumir coa súa xenerosidade todo o traballo e a responsabilidade que conleva.
Apertas e felices lecturas!