jueves, 15 de octubre de 2015

Escribimos poesía


Na sesión de onte os lectores do club de lectura tiñamos una misión. Despois de ler poesía decidimos iniciarnos na escritura poética. Tres versos de Fran Alonso foron os que nos serviron para iniciar os nosos poemas. 






Os nosos poemas

Nas que facemos manualidades,
e admiramos os mares,
pero non realizamos maldades.
Carla, Sara, Ángela, Sheila, Carlota e Iria (As divasas) 
 

As cidades con moita xente.,
que camiñan indiferente.
As cidades de papel maché:
que parecen bonitas por fóra e cando entras caense a pedazos.
Julián, Sara, Kelly, Vanessa, jesica, Tamara (O mellor grupi)

Soños perdidos.
Cidades.
Nenos nas súas rúas. 
Durmindo.
Vivindo.
Cidades.
Preciosas son as cidades.
Cada vez que pasas por unha esquina.
A cada sorriso perdido na alcantarilla.
A cada billete que tantas vidas queimou.
Cidades.
Encántanme!
Carolina, Marcos, Sergio, David, Roi e María (Os Burlaos) 

As cidades do xeo, frías.
As mesmas cidades que rematan nos meus beizos.
Toda esa impaciencia por comezar unha viaxe
que sempre soubeches que remataría nunha fumareda.
Porque todo remata co principio de "quero morrer".
Iván, Noa, Rafa, Pablo, Nerea e Uxía

As cidades de alma, invariables...
As cidades máis altas, inalcanzables.
As cidades nas que podes soñar.
As cidades cheas de persoas con soños que alcanzar.
Noa, Andrea, Noelia e Alejandro (Os peludiños)

Na que habitan seres inhumanos
na que son incompatibles eles mesmos.
Álex Coello

Como os teus pés horribles.
Que son iguais de desagradables que os misiles.
Henar e Yanís (Arriscados)

As cidades e os pobos,
co canto dos paxaros os coros
que crean novos soños.
Cidades de estructuras imposibles
e de amores posibles
con ilusións increíbles.
Cidades perdidas na nada
que deben ser atopadas
cun lóstrego na alma.
Cloe, Vania, María, Nahomi, Uxía e Ana Mª (As poetisas)  
       


2 comentarios:

Fran Alonso vía twitter dijo...

@aquintalibros Cantos poetas para encher de luz o futuro! Grazas e apertas!

O Librako dijo...

Grazas a ti polos teus versos que nos serven de inspiración!