miércoles, 14 de octubre de 2015

Comezamos a marcar a diferenza

Os lectores do club reunímonos de novo esta tarde.

Álex e Hadrián foron os encargados de guiar a sesión.

Comezamos cubrindo no noso taboleiro "Marcando a diferenza".


Lemos os cinco motivos para ler poesía de Fran Alonso.


Escoitamos poesía da rede.


E escoitamos poesía na sala. Marcos fixo un poema para esta ocasión.

Despois de escoitar decidimos poñernos a escribir. A partir de tres versos de Fran Alonso creamos os nosos poemas.
E para rematar, Álex leunos o poema orixinal.

Vémonos na próxima reunión!

0 comentarios: