Queridos EX lectores do Librako:
Levamos anos cunha teima que crece
cando moitos de vós volvedes ao centro e nos preguntades para cando unha
xuntanza dos EX. Cremos que chegou o momento de dar o paso e lanzarnos a esta aventura.
Estades convidados a compartir con nós
a “Quedada”. O 19 de xuño quedamos coma nos vellos tempos. Cambiamos o lugar, iremos a
As Aceñas. Lembrade que hai que levar bos ingredientes:
o xantar, a sobremesa, a ilusión e as ganas de pasalo ben. A partir das tres da tarde chegaremos os anfitrións, os lectores de 3º e 4º ESO.
Se vos apetece participar nesta primeira quedada dos EX do Librako deixade aquí un comentario. Contamos con vós.
Unha aperta moi forte
As máis vellas desta gran tribo lectora.
Sonia e Asun
15 comentarios:
Paréceme xenial, contade conmigo!
Vémonos, un saúdo
Obviamente nos temos pensado aparecer por alí (sempre e cando nos deixedes) e pasar unha boa tarde. Esperamos ver a Julio coas súas comidas lendarias....
Que boa idea a de volver a xuntarnos!Por suposto,contade conmigo! A ver se hai sorte e pode vir todo o mundo...Ata o venres 19!
Eu farei o imposible para poder estar, contade conmigo:)
Contade con nós tamén. Estabamos agardando impacientes o día no que poderíamos volver a estar todos xuntos compartindo as nosas aventuras...
Eu asistirei encantada! contade conmigo.
Que ben! Isto xa vai collendo forma! Tiñamos medo de que a nosa convocatoria non tivera éxito.
Contade conmigo :)
Contade comigo! Alí estarei ^^
Contade connosco tamen :)
Nós tamén nos apuntamos! :)
Que ben! Que alegría que vos apuntedes os fundadores deste club!
Nos tamén queremos estar ahí o venres! Contade connosco.
Laura Villanueva e Elia.
Por supuestísimo que estaremos! Muchísimas ganas de pasar una tarde de las que no defraudan, como si no pasase el tiempo!, no nos llegaba el momento!
Por cortesía de la casa:
La poesía es un arma cargada de futuro
[...] Porque vivimos a golpes, porque apenas si nos dejan
decir que somos quien somos,
nuestros cantares no pueden ser sin pecado un adorno.
Estamos tocando el fondo.
Maldigo la poesía concebida como un lujo
cultural por los neutrales
que, lavándose las manos, se desentienden y evaden.
Maldigo la poesía de quien no toma partido hasta mancharse. [...]
Eu non vou ser menos! Vémonos!
Publicar un comentario