jueves, 4 de junio de 2015

Queridos EX lectores do Librako:

Levamos anos cunha teima que crece cando moitos de vós volvedes ao centro e nos preguntades para cando unha xuntanza dos EX. Cremos que chegou o momento de dar o paso e lanzarnos a esta aventura.

Estades convidados a compartir con nós a “Quedada”. O 19 de xuño quedamos coma nos vellos tempos. Cambiamos o lugar, iremos a As Aceñas. Lembrade que hai que levar bos ingredientes: o xantar, a sobremesa, a ilusión e as ganas de pasalo ben. A partir das tres da tarde chegaremos os anfitrións, os lectores de 3º e 4º ESO.

Se vos apetece participar nesta primeira quedada dos EX do Librako deixade aquí un comentario. Contamos con vós.

Unha aperta moi forte
As máis vellas desta gran tribo lectora.
Sonia e Asun

15 comentarios:

Eva Correa dijo...

Paréceme xenial, contade conmigo!
Vémonos, un saúdo

Paula e Andrea dijo...

Obviamente nos temos pensado aparecer por alí (sempre e cando nos deixedes) e pasar unha boa tarde. Esperamos ver a Julio coas súas comidas lendarias....

Andrea Sociais dijo...

Que boa idea a de volver a xuntarnos!Por suposto,contade conmigo! A ver se hai sorte e pode vir todo o mundo...Ata o venres 19!

Carlos dijo...

Eu farei o imposible para poder estar, contade conmigo:)

Antía e Aarón dijo...

Contade con nós tamén. Estabamos agardando impacientes o día no que poderíamos volver a estar todos xuntos compartindo as nosas aventuras...

Nerea dijo...

Eu asistirei encantada! contade conmigo.

Asun dijo...

Que ben! Isto xa vai collendo forma! Tiñamos medo de que a nosa convocatoria non tivera éxito.

Natalia dijo...

Contade conmigo :)

Alex :D dijo...

Contade comigo! Alí estarei ^^

Iria, Sheila e Javi dijo...

Contade connosco tamen :)

Iria, Sheila e Javi dijo...

Nós tamén nos apuntamos! :)

Asun dijo...

Que ben! Que alegría que vos apuntedes os fundadores deste club!

Anónimo dijo...

Nos tamén queremos estar ahí o venres! Contade connosco.
Laura Villanueva e Elia.

Lidia e Andrea Martínez (Susi) dijo...

Por supuestísimo que estaremos! Muchísimas ganas de pasar una tarde de las que no defraudan, como si no pasase el tiempo!, no nos llegaba el momento!
Por cortesía de la casa:
La poesía es un arma cargada de futuro
[...] Porque vivimos a golpes, porque apenas si nos dejan
decir que somos quien somos,
nuestros cantares no pueden ser sin pecado un adorno.
Estamos tocando el fondo.

Maldigo la poesía concebida como un lujo
cultural por los neutrales
que, lavándose las manos, se desentienden y evaden.
Maldigo la poesía de quien no toma partido hasta mancharse. [...]

Ainhoa dijo...

Eu non vou ser menos! Vémonos!