martes, 10 de febrero de 2015

Un muro real

Salim e Ariel son os protagonistas da obra Manzanas rojas de Luis Mantilla. Son dous amigos que teñen moito en común a pesar de que pretencen a dous pobos diferentes e enfrentados dende fai anos. Salim é palestino é Ariel xudeo, as súas vidas están separadas por un muro, un muro real que separa os territorios palestinos de Israel. O Goberno israelí levantouno coa escusa de protexerse do terrorismo.



No documental Promises tamén son os rapaces quen nos achegan ao conflicto palestino-israelí. Son entrevistados sobre diversos aspectos das súas vidas e da situeción que vive cada un. 
 
http://cinenaquinta.blogspot.com.es/2014/12/promises.html
Se premes na fotografía poderás ver o trailler.

0 comentarios: