miércoles, 11 de febrero de 2015

Nós ante o espello


E así rematamos os maiores do club. Despois de falar desta historia impactante que non nos deixou indiferentes decidimos mirarnos no espello. Así que parte da nosa sesión foi no baño. Mirámonos, observámonos e falamos do que vemos e o que non cando estamos diante do espello. E chegamos a conclusión de que o que agachamos dentro de nós é a nosa mellor parte. 
Que nunca se borren estes sorrisos das nosas facianas.


Marta ante o espello de Teresa Calo

0 comentarios: