miércoles, 8 de octubre de 2014

Unha imaxe vale máis que mil palabras

E se son varias? 

Isto é un resumo do que pasou hoxe na nosa bibioteca. Era o gran día. Os lectores do Librako volvían ás andadas. E volvemos con ilusión, con nostalxia, con forza e un gran espírito lector.



Despois do xantar chegou o momento da xuntanza. Inauguramos o curso. Saudamos aos novos. Presentámonos. E lembramos a noso compañeiro de lecturas que non puido estar con nós. Hoxe Tomás estaba na Feira do Libro de Frankfur. Un orgullo para nós! Contamos con dous presentadores de luxo. Alex e Hadrián foron os encargados de guiar a sesión.









E comezamos a traballar!  Este ano quixemos empezar dun xeito diferente. Decidimos cambiar as historias que nos gustan. O primeiro paso foi facer unha versión moi especial de Carapuchiña vermella a partir dunhas viñetas de Quino. Entre todos creamos o noso conto, cun final moi sorprendente.
















Despois deste adestramento iniciamos o traballo forte. Tiñamos que facer a nosa propia versión daquelas lecturas que nos marcaron o que recordamos con nostalxia.

















Os resultados deste arduo traballo veranse moi pronto. Agora só nos queda esperar os resultados e prepararse para a seguinte sesión. Dentro dun mes vémonos!

0 comentarios: