martes, 17 de junio de 2014

Última sesión

Antes de que marchemos quixemos despedir aos compañeiros de 4º; por iso reunímonos no recreo na biblioteca. Alex e Hadrián preparáronnos unha pequena actuación con notas de humor. Fixeron un decálogo dun bo club de lectura baseándose na nosa experiencia.









1º Chicos guapos
2º Chicas guapas
3º Chicos listos
4º Chicas listas
5º Un bo xantar
6º Unha boa sobremesa
7º Un bo monólogo
8º Un bo cotilleo
9º Unha boa saída literaria
10º E se tal... UN BO LIBRO

NÓS CUMPLIMOS AS DEZ
O noso decálogo ten "once" puntos: 
11º Profesoras "guays"



Ao rematar todos levamos un pequeno recordo: un marcapáxina exclusivo do noso club. Aos maiores agasallámolos cunha foto de todos nós para non se esquezan do seu paso polo Librako.

2 comentarios:

Ainhoa Álvarez dijo...

Grazas polo agasallo e por todos estes anos no club. E agradecer tamén ás profesoras que fan que o club saia a adiante. Non é fácil, pero toca despedirse. Repetiría con moito gusto outro ano máis no Librako, ou os que fagan falta. Igualmente, vémonos o ano que vén, que espero estar invitada a algunha reunión! Ata outra!

Sonia dijo...

É certo, Ainhoa, non é fácil despedirse. Despois de todos estes anos xuntos, é inevitable sentir unha certa tristeza ó anticipar a nostalxia polos que se van. Pero lembrade que o Librako é unha gran familia na que todos tedes o voso lugar, propio,único, especial...
Incluso Julio, co seu elegante e arrebatador movemento de flequillo...
As portas estarán sempre abertas e os sofás laranxas agardando por vós.
Moita sorte a todos!