martes, 17 de junio de 2014

Carta de despedida

Chega o final de curso acompañado das despedidas. Pero hai unha que sempre nos pon máis nostálxicos, cando temos que decirlle adeús aos compañeiros de 4º. Sabemos que no próximo curso non estarán con nós.
Son moitos os momentos que compartimos, as sesións, os xantares, os encontros literarios, os libros. Sabemos que non se volverán repetir e costa soltar amarras para continuar a travesía. Pero é necesario porque tedes que seguir a vosa viaxe e explorar novos mundos. Esperamos que nese percorrido levades colgada a mochila chea dos bos momentos que compartimos neste club de lectura.
Grazas por estes anos ao noso lado e por formar parte desta familia lectora. 
Un placer e un orgullo poder compartir con vós este club.
As vosas compañeiras de lectura.

0 comentarios: