martes, 19 de junio de 2012

Esta é a nosa despedida

Somos un club de lectura que comparte algo máis que libros, compartimos historias, xantares, tertulias, ledicias, xogos... A nosa última sesión foi especial. Quixemos dar as nosas opinións sobre o club. Aquí tedes o resultado; un vídeo que recolle sensacións e experiencias con sinceridade, con cariño e tamén con humor. Del despréndese a complicidade que pouco a pouco foi nacendo entre nós. Estamos orgullosos de pertencer ao Librako! Vémonos o ano que vén!


14 comentarios:

Sonia dijo...

Esta vez vou ser a primeira?
Gustoume moitísimo o vídeo (non se pode competir con Asun, que tanto fai deliciosos postres como creativos traballos audiovisuais de alto nivel). Encantoume disfrutar da vosa compañía e adoro formar parte deste club: vós facedes que sexa especial.

Sofia dijo...

Que entrada más chula...a mellor de todas.
O mellor foron as tomas falsas...jejjeje :)

E, coma no vÍdeo..¡¡¡VÉMONOS O ANO QUE VÉN!!!

Ainhoa Álvarez dijo...

Tiña que ser eu a primeira, Sonia... :)
Eu tamén adoro formar parte do Librako.
¡VÉMONOS O ANO QUE VÉN!

O Librako dijo...

Non recoñecedes a música? Está interpretada polos alumnos de música de Fernando.
Este centro está cheo de artistas. Parabéns a todos!

Irene Cerqueira dijo...

Vaya! Qué envidia me da ver este video... se ve que os lo pasasteis muy bien y que sois, (somos), una gran familia. Enhorabuena a Asun por el video... me resulta familiar. :)
Animo a la gente a que se apunte al club, ya que cuando sales de el centro no te cuentras nada parecido o similar... El club, la complicidad con las profes, las reuniones... Cambian bastante las cosas respecto a esto.

Espero poder ir pronto al centro a hacer una visita...

Andrea ( Sociais) dijo...

A verdade é que o vídeo quedou xenial e penso que recolle o ben que o pasamos neste clube, o que aprendemos tanto alumnos e alumnas coma profesoras, as lecturas compartidas, os xogos e, por suposto, o noso gusto pola repostería de Asun!

Espero poder repetir o ano que vén!!

Parabéns aos alumnos por facelo tan ben e que saibades que dades moi ben en cámara!Por certo, ao final, tanto lles custou ás de 1º da ESO falar e nas tomas falsas son case as protagonistas,ja,ja

Coral dijo...

Gracias por todo tía Asun!!!(y a las demás profes también claramente) Te dejamos una temporadita para que mejores (si es que eso es posible...) tu receta secreta de bizcocho y tarta de queso, pero no te acomodes que ahora toca pensar nuevas ideas para el año que viene!

Aarón dijo...

Paseimo xenial ese día, igual que no resto das sesións do club de lectura as que puiden asistir. Para o ano que vén vou repetir, e co título de membro máis vello en activo do club :) Bueno, hasta o ano que ven!

Asun dijo...

Un luxo, un pracer, un privilexio pertencer a este CLUB DE LECTURA.

GRAZAS polas vosas palabras, o voso cariño, as vosas actuacións e a vosa ilusión!

PARABÉNS polas as interpretacións. Sodes uns verdadeiros artistas.

Un SAÚDO para Irene e para todos os alumnos que xa non están no centro.

E, por último, UN SEGREDO... ás veces creo que algún só vén ao club para probar as novas receitas...

LOLI DIRE dijo...

Acabo de rematar un informe deses aburridísimos que fan as directoras e marcho a durmir cunha alegría no corpo...que chulada de despedida...ver estes videos dá moita forza, entusiasmo...sodes estupendos-as.
O que más me gusta da montaxe é ver ao fontaneiro no pasillo, o arranxo dos baños vai quedar inmortalizado grazas ao voso club...biquiños.Loli.

Vanessa dijo...

Que gran vídeo e que GRAN club de lectura!
Vémonos o ano que vén!

Bo verán :D!

Bea Sousa dijo...

Xa facía tempo que non me pasaba por aquí, pero ata no verán me veñen recordos do colexio, dos profesores, do club de lectura...
Un saúdo para todos!

Asun dijo...

Xa levas un ano fóra do colexio e aínda te segues acordando de nós...
Un saúdo para todos os integrantes do club de lectura destes dous anos.
Gozade da lectura no verán!

Andrea Martínez dijo...

Gústame recordar estes momentos hasta no verán!
O mellor momento foi a despedida jajaja... Aínda que non se queda atrás o meu momento con Elena (de plástica. Sempre a facer o parvo!