domingo, 17 de junio de 2012

Unha tarde de emocións e agasallos

O encontro comezou coa lectura dos poemas do noso libro Poem-AZ-os, do cal estamos moi orgullosos.

Xa que hai na edición deste libriño un anaco de cada un de nós.



Despois, escoitamos un fragmento de "Regáloche un conto" de Jorge Gonzalo, e partir dese momento cada un fixo o seu minilibro e escribimos un conto cun principio en común...

  
Regáloche un conto
para ue podas levalo contigo,
dobradiño no peto
ou entre as páxins dun libro.
                                 


Cadaquén continuou escribindo o seu conto para regalar.

                   
O resultado foron estes preciosos minilibros que agoran están no peto de cada un dos nosos compañeiros de lecturas.  
           

0 comentarios: