jueves, 26 de enero de 2012

Unha tarde diferente

Poucas veces temos a sorte de coñecer aos autores dos libros que lemos. Hoxe puidemos conversar con Marcos Calveiro sobre o seu libro que acabamos de ler. Da súa man fixemos un percorrido por Bagdad e a cultura árabe. Desvelounos os misterios da escritura e trasmitiunos a súa paisón pola lectura. 



Grazas Marcos por compartir con nós esta tarde!

5 comentarios:

Ainohoa dijo...

Moitas grazas Marcos por compartir esta tarde cos integrantes do noso clube de lectura :)

Ana Chamosa dijo...

Gustoume moito a visita de Marcos, creo que foi moi enriquecedora xa que falou de cousas que ao mellor estaban algo esquecidas, coma a guerra do Golfo, ten sonada na súa época e agora, inxustamente olvidada. Para a reflexión o dato que deu sobre que un 60% de nenos viven nun contexto bélico, rodeados de guerra e morte. De cando en vez agradécense estas charlas, que son crúas pero fannos rflexionar

Sofía dijo...

Foi un pracer estar cos compañeiros do club de lectura de 1º, 2º e escoitar a Marcos Calveiro o que nos contabe sobre o mundo Árabe.

Grazas por convidarme.

Asun dijo...

Empapámonos de cultura, de coñecementos, de literatura, de actualidade... Foi un luxo ter con nós a Marcos Calveiro.

folerpa dijo...

Para min tamén foi un verdadeiro pracer, rapazas. Apertas.
Marcos Calveiro