viernes, 3 de febrero de 2012

Coma se non pasase o tempo...

Parecía que non pasara o tempo, que estabamos nunha das nosas habituais sesións do club de lectura. Mais facía moitos meses que non vivíamos estes momentos. Hoxe foi un día especial para todos. Tiñamos ganas de compartir os recordos, as lecturas… E Pupa foi a que presidiu a nosa reunión. Coma ela quixemos despoxarnos dos nosos medos… Por iso deixamos colgado o abrigo que nos pesaba, armándonos do valor que nunca tivemos, decidimos desprendernos del. E voamos…


Coma sempre, foi un pracer. Se este club funciona é grazas a vós, aos lectores que nos seguides e que asistides a cada reunión. E tamén aos que xa estades fora do centro, a distancia non fai que vos esquecedes de nós. Grazas a todos! 




8 comentarios:

Asun dijo...

E un luxo ter alumnos coma vós!Días coma estes son os que che fan pensar que esta profesión merece a pena. Síntome orgullosa de pertencer a este club de lectura e de compartilo con vós.
Grazas a todos os exalumnos, a Sandra e a Miguel por acercarse á nosa Quinta e vivir con nós esta sesión especial!

Miguel Abraira dijo...

Para min é unha sorte poder volver ao Rosal e atoparme coas persoas (alumnos e profes) que fixeron que a miña estancia alí fose tan grata e especial. Así que o meu agradecemento é dobre:

Grazas a vós, que sodes o corazón do club. Que vos atrevedes a ler libros novos, a quedar pola tarde para falar, xogar e compartir a lectura, e a encher de vida cos vosos comentarios este blog que nos serve de encontro. Grazas aos que estades, e aos que, coma min, estivestes algún día. Grazas aos que viñesteis expresamente o venres, e aos que quixestes vir pero non puidestes facelo...

E grazas a Asun, Elena, Sonia e todos os que facedes posible cada curso que haxa un club de lectura. Sen o voso tempo, traballo, ideas e ilusión, non existiría este blog, nin as divertidas sesións de tarde, nin os grupos de novos lectores, nin os lazos fortes e invisibles que nos unen a todos os que un día formamos parte disto.

O dito: unha gran sorte. Saúdos para todos.

María e Anabel dijo...

Ainda que non estivesemos ata o final da reunión pasamolo moi ben :)

Sandra "papirof." dijo...

Gracias a vosotros por permitirme la entrada a vuestro club, es un placer compartir la tarde con vosotros y ser parte de vuestro estupendo club.

Sofía dijo...

Nunca pensei que o poidera pasar tan ben....
e iso faltaban o resto dos compañeiros do club de lectura.....foi unha pena que non estivesen connosco.
Perderonse algo moi bonito =D

Bea Sousa dijo...

Non puiden estar, pero comentáronme o grandioso que foi ese día.
Espero vervos pronto.

Irene Cerqueira dijo...

¡Qué bonito el montaje con las fotos! La verdad es que después de un tiempo sin veros y sin pisar ese colegio, era todo como un poco "mágico". A mí me pareció que poco había cambiado, que todo seguía igual,pero por otra parte también me sentía extraña... no sé, algo raro que no puedo explicar.

Gracias a todos y a las profes por acogernos de nuevo. ¡Espero volver pronto!

¡Felices carnavales!
Un abrazo

Iria dijo...

Una experiencia que no te deja indiferente, ya teníamos ganas de ver como estaban las cosas por allí. ¡Para mí fueron un par de horas geniales!