Que cada reunión sexa diferente depende de vós, que sodes os verdadeiros protagonistas desta aventura literaria. Cada un poñemos o noso gran de area para que a sesión sexa mellor ca anterior.
As lecturas, as opinións, os comentarios acadan máis valor cando os podemos compartir cos demais. E iso foi o que fixemos, falar das nosas impresións, preferencias, inquedanzas…
Ademais aplicamos os nos coñecementos e habilidades de investigación buscando as pistas que tiñamos preparadas para descubrir asasinatos e investigadores famosos.
E, coma colofón, compartimos as nosas conversas e o noso tempo... Despois de analizar o minucioso pensamento de Auguste Dupin e a súa influencia na literatura universal, chegou o momento de falar doutros libros e tamén doutras historias. Estabamos tan entretidos que algúns resistiámonos a abandonar a biblioteca. Mais marchamos pensando na próxima sesión!
4 comentarios:
Si, a verdade e que foi entretida e diferente, xa que tivemos que investigar a partir das pistas, ainda que creo que non é o meu iso de investigar...
Cando será a próxima reunión?
A mi también me pareció una buena reunión, Irene. Se me pasó el tiempo volando... Aún no sabemos cuando será la próxima, imagino que hasta después de Semana Santa nada... y luego os vais de viaje...
Elena
pois é verdade ...o noso non é investigar...o noso é falar... a iso ninguén nos gaña, está comprobadoo!!
Creo que algún non gañaba a vida de detective. A experiencia foi interesante; comprobamos que vos é máis fácil buscar información nos libros que na rede.
O importante é que o pasamos ben. Haberá que repetir!
Publicar un comentario