martes, 29 de marzo de 2011

Non foi un día máis



Que cada reunión sexa diferente depende de vós, que sodes os verdadeiros protagonistas desta aventura literaria. Cada un poñemos o noso gran de area para que a sesión sexa mellor ca anterior. 





As lecturas, as opinións, os comentarios acadan máis valor cando os podemos compartir cos demais. E iso foi o que fixemos, falar das nosas impresións, preferencias, inquedanzas… 




Ademais aplicamos os nos coñecementos e habilidades de investigación buscando as pistas que tiñamos preparadas para descubrir asasinatos e investigadores famosos. 

E, coma colofón,  compartimos as nosas conversas e o noso tempo... Despois de analizar o minucioso pensamento de Auguste Dupin e a súa influencia na literatura universal, chegou o momento de falar doutros libros e tamén doutras historias. Estabamos tan entretidos que algúns resistiámonos a abandonar a biblioteca. Mais marchamos pensando na próxima sesión!

4 comentarios:

Irene dijo...

Si, a verdade e que foi entretida e diferente, xa que tivemos que investigar a partir das pistas, ainda que creo que non é o meu iso de investigar...

Cando será a próxima reunión?

O Librako dijo...

A mi también me pareció una buena reunión, Irene. Se me pasó el tiempo volando... Aún no sabemos cuando será la próxima, imagino que hasta después de Semana Santa nada... y luego os vais de viaje...

Elena

lidia! dijo...

pois é verdade ...o noso non é investigar...o noso é falar... a iso ninguén nos gaña, está comprobadoo!!

Asun dijo...

Creo que algún non gañaba a vida de detective. A experiencia foi interesante; comprobamos que vos é máis fácil buscar información nos libros que na rede.
O importante é que o pasamos ben. Haberá que repetir!