miércoles, 19 de diciembre de 2018

Deforestación e reforestación

Coas nosas seguintes lecturas imos traballar o tema da deforestación e reforestación...
Hoyos de Louis Sachar conta a historia dun rapaz que por un erro xudicial acaba nun correccional. Alí, todos os días, deberá cavar un buraco nun paisaxe desértico... Despois de ler este libro proxectaremos a película La Maldición de los Hoyos dirixida por Andrew Davis.
O home que plantaba árbores de Jean Giono fala da xenerosidade humana sen límites. Do respecto á natureza, da aposta pola vida e do amor á terra e a todo o que dela pode agromar.
Esperamos que gocedes con estas lecturas e, sobre todo, que nos axuden a reflexionar sobre como tratamos o medio!

0 comentarios: