martes, 4 de junio de 2019

Paseando con Puri Ameixide!

O venres, 31 de maio, varios clubs de lectura do Baixo Miño, entre eles o noso Club dos martes, o Club de lectura de adultos do IES Alonso Ríos de Tomiño e o Club de lectura Chocolate con libros de Goián fomos de ruta literaria con Puri Ameixide...
Falounos do seu libro Claro de lúa, ambientado na Guarda e explicounos porque os franceses intentaron atravesar o Miño por esta zona sucumbindo todas as embarcacións excepto unha...
A ruta comezou no Parque de Pías onde intentaron facer unha ponte coas embarcacións, pero a crecida do río acabou con toda a construción sen estar case empezada.
Continuamos polo cámping, onde nos contou que a cabalería quedou na antiga igrexa de San Roque e non chegou a entrar na Guarda. Alí propúxonos un xogo e agasallounos cun marcapáxinas relacionado coas personaxes do seu libro!
Dirixímonos á Pasaxe, onde se colle o transbordador. Repartiunos varios poemas en diferentes cores do libro Catro a Catro de Manuel Antonio que fomos lendo. E daba iguala orde na que os leses... Sempre tiñan sentido!
E por último, acabamos na praia do Muíño falando coa autora e gozando dunha merenda cea nun restaurante da zona.
 
Espero que o resto quedasen embriagadas coma nós desta Quasi unha fantasía... Outro título que a autora lle deu ao seu libro!
Se queredes ver un vídeo onde se resume a nosa experiencia podedes entrar a través da seguinte ligazón, Paseo literario: Claro de lúa

0 comentarios: