jueves, 4 de abril de 2019

Kafka e a boneca viaxeira

Este martes celebramos outra sesión do club dos martes...
Kafka e a boneca viaxeira de Jordi Sierra i Fabra gustou por unanimidade e resultou mi entrañable! 
A historia baseada nun feito real da vida de Kafka deu lugar a unha serie de cartas moi emotivas escritas por algunhas participantes do club para Elsi, a protagonista da nosa historia.

Lemos as cartas nunha sesión de radio e queremos que sexan compartidas a través deste vídeo...
A nosa seguinte lectura vai se dobre. Unha será El abrazo del sauce de May Ferreira e a outra Claro de Lúa de Puri Ameixide.
Aproveitando que a autora desta última lectura é profesora no IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, teremos a seguinte xuntanza co club de lectura deste centro e co club de lectura Chocolate con libros do CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián.
Gozaremos dun roteiro por A Guarda a cargo desta autora e despois unha charla de confraternización entre clubs acompañada cuns petiscos para todas!
Grazas por compartir momentos!

0 comentarios: