miércoles, 24 de octubre de 2018

Claro de lúa

O venres 19 de outubro, unha representación do noso club asistiu á presentación do libro Claro de lúa de Puri Ameixide. Unha das propostas de lectura para esta nova andaina do club de adultos.
A presentación estivo moi interesante e foi amenizada pola música de Beethoven de onde saíu o seu título, Claro de lúa, Sonata en tres tempos "quasi unha fantasía".
O ritmo da charla literaria marcouna cos seus tres tempos coma no libro...
Adagio Sostenuto en toda a presentación
Allegretto na firma dos libros e a nosa presentación ante a autora
Presto Agitato na hora de relax falando coa autora e na merenda-cea
Marcamos así os tres tempos do libro porque a autora conseguiu en nós esa fantasía que esperas dun libro.
Espero que todos os asistentes quedasen tan embriagados coma nós desta "quasi unha fantasía".

0 comentarios: