miércoles, 27 de junio de 2018

Despedimos o club dos martes!


O venres día 22 de Xuño, tivo lugar a última reunión do Club dos Martes. Despedimos o club de forma especial, xuntanza con cea, café e libros!
A charla foi moi interesante, falamos de todos os libros que lemos nestes meses... 
Fixemos unha boa reflexión de libros que podemos ler e de cales foron os que máis nos gustaron ata o de agora...
Pasamos unha boa velada e volveremos de novo o curso que vén con moitas máis ganas, xa que todas estamos interesadas en continuar co club!
Grazas a todas as compoñentes polos momentos tan interesantes que pasamos e por formar parte deste Club.
Volveremos en Setembro!

0 comentarios: