jueves, 10 de mayo de 2018

Amor é unha palabra coma outra calquera

O martes, 8 de maio, celebramos a nosa penúltima sesión do club de lectura de adultos.
O libro deste mes, Amor é unha palabra coma outra calquera de Francisco Castro deu moito que falar...
A dependencia que algunhas mulleres teñen dos seus maridos.
A dificultade para volver a crer nun mesmo.
A confianza, case cega, na persoa que acabas de coñecer a pesar de que os feitos demostran todo o contrario.
Como colofón, a forma de escribilo sen guión e todo seguido para darlle maior movemento á acción.
E como non, un final inesperado!
Foi unha sesión moi entretida na que todo o mundo participou!
A seguinte proposta de lectura é As lágrimas de Shiva de César Mallorquí. Quedamos convocadas para celebrar en xuño a última xuntanza, pero na biblioteca non...
Despedímonos ata o ano que vén cunha cea-libro-charla!

0 comentarios: