miércoles, 17 de enero de 2018

Bookcrossing no Rosal

Hoxe, na sesión do Club de lectura realizamos unha actividade que resultou do máis interesante.
Decidimos facer Bookcrossing polo Rosal!
Deseñamos, entre todos e todas, unha carta que vai acompañar a cada libro...
Escollemos, da doazón de libros que fixo Sonia, o que queríamos compartir...
E, por último, gardamos a lectura e a carta nunha bolsa...
Pero ao final temos que esperar... Queren ler antes os libros.
Así que o deixamos para a próxima sesión!
Espero que gocen das lecturas!

1 comentarios:

lasperasdelolmo dijo...

Boa tarde, rapazas e rapaces!!

Esta tarde atopei, nun banco no Concello de Baiona, o libro viaxeiro "El Atlas Esmeralda" que partiu do voso club de lectura.

Que sorte tiven! En canto remate o libro que estou lendo, póñome con el. Queda en boas mans para que siga logo novos camiños. Mantéñovos informad@s...

Noraboa e grazas pola vosa iniciativa!

Un agarimoso saúdo.
Ana.