jueves, 27 de abril de 2017

O Club dos Martes

O martes 25 de abril, ás 19:30 horas, na Biblioteca do CPI, tivo lugar a quinta xuntanza do Club de lectura de adulto.
Nesta sesión e coma sempre cada participante comentou o que lle pareceu a lectura do libro Non hai noite tan longa de Agustín Fernández Paz.
O libro non deixou indiferente a ninguén e todas interpretamos coma as distintas situacións ou acontecementos na vida de alguén dentro dunha familia repercuten nos demais membros dela.
Tamén fixemos a presentación da nosa seguinte proposta lectora, La chica del tren de Paula Hawkins, unha novela na que todo transcurre arredor do tren e que está contada en forma de diarios, esperamos sexa do gusto dos membros do noso club.
Esta vez imos probar cos e-books e coas tabletas para ler o libro.
Quedamos convocados para o día 30 de maio, á mesma hora!

0 comentarios: