Cada saída do club de lectura é diferente. Todos os anos queremos rematar os nosos encontros literarios sacando os libros e as lecturas fóra do centro. Desta vez conseguimos que fora especial polo lugar e pola compañía.
Só os que visitaron algunha vez Santa Mariña de Augas Santas saben que ese lugar é diferente. A natureza mestúrase coa lenda e coa realidade; e, por un momento sentes co viaxas no pasado. Grazas a Begoña e Noemí fixemos esta viaxe no tempo descubrindo cada recuncho e lembrando a lenda de Mariña.

Historia, natureza, literatura, conversas...
Os ingredientes perfectos para unha quedada literaria.
Grazas aos de Allariz a aos do Rosal por esta xornada literaria.
0 comentarios:
Publicar un comentario