viernes, 22 de abril de 2016

Preparando a nosa saída literaria

Esta semana  reunímonos para preparar a nosa saída literaria a Allariz. Descubrimos a ruta que imos seguir. Planificamos e organizamos o que imos facer o día 27.


Coñecemos un pouco máis do concello que imos visitar. Por grupos contestamos un cuestionario sobre os aspectos máis relevantes da vila.


Lemos a lenda de Santa Mariña de Augas Santas e a do home lobo de Allariz. E preparamos unha sorpresa para os nosos compañeiros que nos reciben.

Rematamos a sesión coa presentación das novas lecturas. As tres historias escollidas móstranos de novo personaxes que marcan a diferenza, o lema que adoptamos este ano no club. Gozade da lectura!

0 comentarios: