jueves, 14 de abril de 2016

Nada


Onte tivemos unha nova sesión do club de lectura, rematamos o traballo do libro Nada, que deu moito que comentar, e fixemos a presentación da vindeira lectura: Nieve, unha novela curta, de doada lectura.
 

A finais do século XIX un poeta xaponés, moi novo, exercítase na arte do haiku. Para perfeccionarse decide viaxar ao encontro dun pintor vello. Entre eles establécese unha relación de respecto e silencios.
Unha fermosa fábula intemporal sobre a vida, a poesía, o amor e a morte.
Nieve é unha obra de Maxence Fermine, un escritor cunha traxectoria literaria moi recoñecida pola crítica.

O plan de traballo de aquí a final de curso é:
  • Vindeira reunión, mércores 11 de maio, na que falaremos de Nieve. 
  • Derradeira reunión do club neste curso, mércores 1 de xuño, na que faremos a avaliación do club, poñeremos en común os nosos libros indispensables e expoñeremos as nosas creacións de haikus (no libro Nieve o protagonista fai micropoemas chamados haikus, a ver se nos animamos a facer algún!).

0 comentarios: