martes, 19 de abril de 2016

A nosa saída literaria



POLA MAÑA: Santa Mariña de Augas Santas
Realizarmos unha ruta guiada. Visitaremos exteriormente a igrexa románica, baixaremos a pé polo camiño dos pendóns. Veremos o petroglifo, a inscrición romana, o “asento e o forno da Santa”, o lagar rupestre, as escavacións da Cibdá de Armea e o Conxunto rupestre de O Señoriño. 



O XANTAR: Club de lectura IES de Allariz
Xantaremos no río con alumnado do club de lectura e voluntarios da biblioteca do IES de Allariz.


RUTA POR ALLARIZ E QUEDADA LITERARIA
Pola tarde percorreremos as rúas de Allariz guiados polos nosos compañeiros. Faremos paradas para ler e escoitar poesía. 



Boa viaxe e boas lecturas! 




0 comentarios: