jueves, 10 de marzo de 2016

Presentación da nova lectura

O mércores 9 de marzo, ás 19:00 horas, tivo lugar a quinta xuntanza do Club de lectura de adultos. Nesta sesión cambiamos o marco da Biblioteca pola aula de apoio ESO, xa que estaba ocupada por unha reunión de pais/nais.
Nesta sesión rematamos o traballo da nosa segunda proposta lectora: A neta do señor Linh. Fixemos a presentación da seguinte lectura: Nada de Janne Teller.

A nosa terceira proposta de lectura é especial, Nada é unha novela con historia, desatou a polémica en varios países e foi ata censurada. Publicouse no ano 2000.Escrita por Janne Teller conta a historia dun grupo de adolescentes, duns 14 anos de idade, que viven que un compañeiro de clase, Pierre Anthon, deixe a escola o día no que decide que a vida non ten sentido. Súbese a unha árbore e conta a berros os motivos polos que nada importa na vida. Os seus compañeiros-as deciden ofertar obxectos esenciales para demostrar que hai cousas que dan sentido a quen somos. Nesa búsqueda asúmense moitos riscos...
 Quedamos convocados para o día 13 de abril, á mesma hora!

0 comentarios: