miércoles, 17 de febrero de 2016

A neta do señor Linh


Hoxe tivo lugar a quinta xuntanza do Club de lectura de adultos. Nesta sesión traballamos sobre a segunda proposta lectora: A neta do señor Linh.


A novela conta a soidade do señor Linh, un vello asiático que abandona o seu país, destrozado pola guerra, e levando con el o único que lle quedou, a súa neta e algún recordo. No país que o recibe atopa ao señor Bark, outro home que vive en soidade. Claudel cóntanos os encontros destes dous homes con linguas distintas pero que son quen de comunicarse e facer que entre eles xurda a amizade.

O día a día do protagonista mostra unha experiencia de desarraigo e illamento, unha realidade crúa, pero é tamén un canto á tolerancia, ao respecto e á esperanza a través da amizade.
O estilo é sinxelo, con aires cinematográficos e pode ser aconsellada a súa lectura para unha franxa de idade moi ampla, dende a xuventude ata a idade madura…
Fai rir, chorar e chega ao corazón. O autor consigue comunicar emocións.


O libro gustou moitísimo aos nosos lectores-as!
Quedamos convocados para o día 9 de marzo, á mesma hora!

0 comentarios: