miércoles, 25 de noviembre de 2015

Nova xuntanza

Hoxe, ás 19:00 horas, tivo lugar a segunda xuntanza do Club de lectura de adultos. Nesta sesión fixemos a análise da nosa primeira proposta de lectura: Las lágrimas del asesino; e recibimos a catro novos membros. Xa somos 18 lectores-as!
Foi unha sesión moi interesante na que compartimos as impresións que nos causou o libro, as inquedanzas que espertou en nós, como a autora traballou o argumento, as personaxes, o contexto... O libro resultou ben, doado de ler e non deixou indiferente a ninguén de nós.


Quedamos convocados para o día 9 de decembro, a mesma hora.
Foi unha sesión moi agradable!

0 comentarios: