lunes, 25 de mayo de 2015

Última reunión do club "Lecturas compartidas"

O club de Lecturas Compartidas reuniuse por última vez este curso. Ensaiamos a obra de monicreques “ Terra e Lume” guión orixinal de Francisco Piñeiro.


Gracias a todos os integrantes polo seu traballo e colaboración, sin a súa complicidade sería impensable poder levar adiante este club e noraboa as nosas mamás e aos seus fillos/as por ser eles mesmos e estar ahí desfrutando coa lectura e coas nosas pequenas obras de teatro.



Temos pensado representar esta función de monicreques na última semana de maio para toda primaria e esperamos que vos guste un pouquiño.

É o traballo de todo un curso plasmado nesta pequena obra, ademais do teatro radiofónico que xa fixemos antes. Estamos desfrutando moito e queremos que desfrutedes con nós.


E despois deste duro traballo, tomamos un descanso para merendar e falar un pouquiño.

E aí van nestas fotos un resumo de todo un ano. As lecturas, a preparación da gravación, a propia gravación, a preparación dos distintos escenarios, e os ensaios da obra.

A todos nos gusta ler pero tamén nos gusta buscar resultados bonitos para esas lecturas.

Un ano de colaboración, de traballo e a nosa despedida.

0 comentarios: