viernes, 13 de marzo de 2015

Unha lectura que deu moito "xogo"

Os libros cobran vida cando falamos deles e compartímolos. Desta vez quixemos que A rateira fose a protagonista da sesión. Traballamos en qquipo cun obxectivo común, recordar a historia e rescatar os mellores momentos. Despois deste exercicio de memoria tiñamos que buscar a todos os personaxes da obra que estaban agochados polo centro.

Primeiro recibimos as instrucións.
Eles foron os encargados de esconder a todos os personaxes.
Lemos con atención cada pregunta.

Buscamos a resposta de cada unha.
Despois de revisar as respostas...

saímos na procura dos sobres que estaba agochados polo centro.

Parabéns a todos polo voso esforzo e ilusión en cada unha das probas.

0 comentarios: