jueves, 29 de enero de 2015

Nova sesión do club de lecturas compartidas


Un novo ano e o club de lecturas compartidas vén con moita forza, ganas e ilusión. Temos moitas cousas que facer e hoxe facémolo debuxando e pintando. 



Queremos ir preparando os escenarios da nosa pequena obra de monicreques “Terra e lume". E tamén o teatrillo que imos montar. 



Para iso cada un de nós vai pondo o seu graniño de area. E con axuda e coperación todo vai saíndo. As mamás traballan moi duro e son unhas expertas debuxantes. 


Traballamos moi duro pero o esforzo vese recompensado. 
A colaboración sempre da froitos.

0 comentarios: