lunes, 8 de diciembre de 2014

Blacksad

Levamos un mes inmersos na lectura da saga de Blacksad. Este gato negro e as súas aventuras cautiváronnos.

Os autores: Un dúo español
Juan Díaz Canales o guionista e Juanjo Guarnido o debuxante son os creadores de Blacksad. A palabra e a imaxe mestúranse dunha maneira soberbia nesta obra de arte. 

O protagonista:  Un gato negro
Os personaxes son animais con forma humana. John Blakcsad é o protagonista, un detective que investiga diferentes casos en cada cómic.

Diferentes temas
Un lugar entre las sombras céntrase na investigación policial. En  Artic-Nation o tema central e a segregación racial Alma Roja  fala caza de bruxas durante a guerra fría e El infierno, el silencio das adiccións. En Amarillo, o quinto álbum, Blacksad decide volver á casa, cansado de tanta violencia e miseria que hai ao seu redor. Mais terá que cambiar os seus plans e deberá resolver outro asasinato.

E moitos premios
Son moitos os premios que recibiron Juan Díaz Canales e Juanjo Guarnido por esta obra. O último foi o Premio Nacional de Cómic por Amarillo, a última entrega.

Gozade da lectura!

0 comentarios: