domingo, 9 de noviembre de 2014

A nosa segunda xuntanza

O club de Lecturas Compartidas vólvese reunir esta semana para repartir os papeis da obra de teatro radiofónico que este ano imos facer rememorando as obras de antano que se facían na radio e que as nosas avoas aínda recordan.


Trátase dunha adaptación da obra “ El-rei Artur e a abominable dama.”




















E como colofón final e despedida do Club de todos os seus membros imos facer unha pequena obra de monicreques titulada: Terra e lume. Guión orixinal de Francisco Piñeiro (profesor do IES Monteporreiro de Burela).


















 Por iso imos preparar os decorados e escenario. Empezamos forte! 




















E como non, por último e despois de tanto traballo unha merenda creativa feita polos propios nenos e nenas coa colaboración das súas nais e pais.

As sobremesas estaban moi pero que moi ricas!!!

0 comentarios: