miércoles, 28 de mayo de 2014

Unha data que non esquecemos

Hai unha data especial para os lectores deste club: o día que nos imos de ruta literaria. Deixamos de lado a rutina diaria e vivimos xuntos unha xornada de viaxe, de emocións e de lectura. Sempre volvemos cunha mestura de sensacións: ledicia polo encontro e tristura ao pensar que os compañeiros de 4º que xa non volverán. Pero quedaranos este recuncho na rede onde podemos lembrar os bos momentos.

Onte visitamos Rianxo, terra de escitores. Percorremos as súas rúas na procura de información, visitamos o Museo do Mar e a Casa Museo de Manuel Antonio e lemos a Castelao, a Dieste e  Manuel Antonio.
De volta fixemos unha parada moi especial en Gondomar. Alí agadábanos Aida na súa libraría. Entre todos tiñamos que buscar novos libros para a nosa biblioteca. E buscamos e mercamos... orgullosos de poder facer esta selección.
 


Un paracer, un luxo, un privilexio poder formar parte desta familia lectora... 

Esta foto xa queda no álbum do Librako.

2 comentarios:

Andrea dijo...

¡Que recordos mais marabillosos!
É unha sorte que podades seguir disfrutando de estas magnificas saídas que nos fan medrar tanto cultural como persoalmente. Anímovos a que nunca quebredes a tradición e sigades disfrutando da lectura,que é alimento da ánima.

Un saudo moi afectuoso para Asun,pronto nos veremos.Xa non aguanto máis sen pasar polas miñas raíces.

Biquiños
Andrea Rodríguez García

Asun dijo...

Moitas grazas, Andrea, polas túas palabras.
Da gusto ver como os lectores do Librako volven a este recuncho da rede.
Orgullosa, coma sempre, de formar parte desta familia lectora e de compartir este espazo co vós.
Un bico, Andrea.