jueves, 2 de enero de 2014

Montañas como islas

Comecemos polo final. Chegas á última páxina despois dunha conmovedora viaxe polas montañas Apalaches. Necesitas contarlle aos demais que atopaches unha lectura diferente e especial. E tes ganas de saír a buscar esas grandes montañas que te acompañaron durante a lectura. 

Montañas Apalaches

Esta novela fai que sentas que estás vivo por dentro. Esperta a emoción porque descobres a inocencia do neno protagonista, a súa forma de ver a vida, o amor aos seus avós. E remove os teus sentimentos, faite rir e incluso chorar.  Benvidos lectores ao mundo de Pequena Árbore.

Fotograma da versión cimetatográfica El pequeño Cherokke (1991)

É unha novela de amor...
Pequena Árobre é un neno cherokee adoptado polos seus avós ao quedares orfo aos 5 anos. O seu avó descóbrelle a arte de facer whisky e a súa avoa as obras de Shaskepeare. Móstranos como debería ser a vida en contacto coa natureza. En fin, móstranos a maneira de ser felices.

É unha novela de contrastes...
Entre as montañas cherokees e os habitantes da aldea máispróxima.

É unha novela que descobre...
 o significado da amizade, da confianza, da tolerancia, do respecto...

 É unha novela que ensina...   
Pequeño Árbol, si no conoces tu pasado, no tendrás futuro”.

0 comentarios: