miércoles, 18 de diciembre de 2013

Os lectores do Librako van ao cine

Hoxe foi o gran día. Era a nosa última sesión deste ano 2013. Quixemos despedirnos antes do Nadal cun bo xantar. Por iso non faltou de nada.
Despois de compartir as nosas lecturas queriamos ver as películas. Os máis pequenos gozaron da historia "La maldición de los hoyos" e os maiores de "Matar a un ruiseñor". Todos quedamos encantados coas versións cinematográficas dos nosos libros. Aquí tedes un resumo do que deu de si esta xornada.



1 comentarios:

Asun dijo...

Vou contarvos un segredo...

O ano que naceu o club de lectura lemos Drácula. Os profesores decidimos levarlle aos rapaces un biscoito de chocolate. Queriamos que eles pensasen que estaba feito de sangue e debían mostrar se eran verdadeiros vampiros. O que ía a ser unha anécdota converteuse nunha tradición. En todas as sesións non pode faltar un bo biscoito.

Éncheme de ledicia ver como vós seguides esta tradición . Todos os anos algún se apunta á repostería e coa axuda das súas nais nos traen verdadeiras obras de arte que endulzan as reunións.

Quería agradecervos o voso traballo e a vosa ilusión porque en cada sesión conseguides que o espírito do Librako estea vivo. Os que inauguraron este club de lectura estarían orgullosos destes novos lectores.

Un bico a todos, aos que están e aos que estiveron.