miércoles, 2 de octubre de 2013

Por que hai tanta xente na biblioteca?

Hoxe tivo lugar a nosa primeira sesión do club de lectura do curso 2013-2014
Estamos orgullos do do éxito que tivo a convocatoria.  
Benvidos ao Librako!


Este é o resumo do que deu de si a tarde...
o xantar
a sobremesa
a despedida de Andrea
e a presentación do club e das novas lecturas.

8 comentarios:

Asun dijo...

Non me canso de dicir que estou orgullosa de pertencer a este club.

Este é o noso quinto ano e seguides respondendo coa ilusión de sempre. Hoxe a biblioteca encheuse (case temos que poñer o cartel de aforo completo).

Algúns repetimos. Hainos que levan con nós dende sexto de primaria. Outros chegan novos desexosos de coñecer este club. Tamén se apuntan os irmáns dos que algún día compartiron estas sesións. E todos estamos encantados de pasar polo Librako.

Ainhoa Álvarez. dijo...

Eu digo o mesmo que Asun, pertencer ao club é algo do que podes estar orgulloso. Disfrutarei este último ano no Librako igual, ou incluso máis, cós anteriores.

E Andrea, grazas por compartir estes cursos con nós.

Sonia dijo...

Moitas grazas, Asun, por contar tamén con imaxes algúns dos momentos vividos no club.
A primeira sesión é sempre moi especial: a benvida aos novos lectores, a alegría do reencontro cos que continúan e a nostalxia polos que se van.
O mellor é sentir que para todos hai un lugar no Librako.
Como non vou estar encantada de formar parte deste club!

Hadrián dijo...

Hoxe deume por visitar o Librako, pensando que ó mellor puxerades algo da primeira sesión. ¡E que sorpresa levei ao ver esas fotos! Eu que non quixera sair en moitas fotos, en todas as que aparezo, véseme a cara(quedo moi mal). Bueno, céntrome:

Estou encantado de estar por segunda vez no club, paseino moi ben o ano pasado e espero pasalo aínda mellor este ano.
Sorprendeume moito que viñeran tantos nenos es nenas de primeiro, o ano pasado, da miña clase no fóramos moitos. Case non cabiamos nas mesas.
Espero ler moito e pasalo xenial coas actividades que se faian sobre os libros.
:D :D :D :D :D :D :D :D :D :D

Sonia dijo...

Hadrián, eu tamén espero que disfrutes no club de lectura, xa que ademáis aportas un entusiasmo do que xa non poderiamos prescindir.
Alégrame saber que nos quedan moitas lecturas por compartir.

Antía dijo...

Estou moi orgullosa de estar este último ano no club de lectura, a pesar de que botaremos en falta aos nosos compañeiros que xa non están, seguro que o disfrutamos de novo.
Con isto, quero dicir que non cambiaría as experiencias vividas con vós estes últimos anos.

Lidia Lorenzo Martínez dijo...



Dá gusto ver que non se perden os bos costumes, noraboa ás profes polo seu traballo, e darlle a benvida ós novos integrantes, que disfruten cada minuto desta experiencia, do mellor que podes levar contigo ao rematar.
No meu caso, aínda que a distancia, sigo de cerca todo o que acontece, recordando vellos tempos coa ilusión intacta.
Un bico e un abrazo a todos.

Asun dijo...

Benvida Lidia! Coma ti dis non perdemos as boas costumes. Ti fuches unha das primeiras integrantes deste club. Grazas polas túas palabras e por seguirnos na distancia.
Un bico.