viernes, 19 de julio de 2013

Un pintor de emocións (2ª parte)

Na última sesión do club de lectura deste ano puidemos gozar coa lectura de El árbol rojo, un album ilustrado fascinante que nos encantou a todos. O Librako proponvos lembrar eses bos momentos cunha nova lectura... Neste tempo de lecer podedes mergullarvos noutra das súas historias de Shaun Tan, La cosa perdida.


Imaxinádevos que un día atopades unha criatrura estrana na praia, a pesar do seu aspecto é amigable e comezades a xogar. Sentides cariño por ela... Que faríades?

Gozade deste pequeno tesouro...
Unha metáfora sobre a falta de adaptación 
que vos axudará a ver a realidade con outros ollos... 

Este é o corto que gañou o Oscar á mellor curtametraxe en 2011, na biblioteca podedes atopar o album ilustrado.

The Lost Thing (2010), de Andrew Ruhemann e Shaun Tan.

0 comentarios: